Noticias CPPB

AVISO DE COOKIES

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.


PROGRAMA DE APOIO Á PRIMEIRA EXPORTACIÓN




24/11/2014 16:12:00
Ofreceranse as claves para realizar o auto-diagnóstico das capacidades exportadoras dunha pyme.

 PROGRAMA DE APOIO Á PRIMEIRA EXPORTACIÓN

 

Programa desenvolvido pola Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración co Igape, co obxectivo de facilitar os primeiros pasos para a exportación e orientar nas accións preparatorias e iniciais do proceso de internacionalización.

Beneficiarios: Pemes galegas.

Actividades:

  • Seminarios de fomento e divulgación dos beneficios da exportación entre as pemes.
  • Formación en aspectos prácticos relativos á operativa da exportación.
  • Asesoramento a pemes en aspectos relativos ao inicio da internacionalización.
  • Orientación no diagnóstico e análises dos procesos de cambio necesarios para orientar as empresas á internacionalización.
  • Asesoramento no deseño de estratexias e melloras orientadas a que as pemes vexan crecer a súa competitividade mediante a internacionalización.


Próximas actividades:

Primeira sesión: Primeira exportación: un reto asumible para calquera pyme.

A Coruña, 1 de decembro de 2014 de 8:45 a 13:00 horas. Programa

Vigo, 2 de decembro de 2014 de 8:45 a 13 horas. Programa 

Inscricións:
Web: www.fundaciongasnaturalfenosa.org
Correo Electrónico: primeraexportacionfgnf@gasnatural.com