Noticias CPPB

AVISO DE COOKIES

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.


PUBLICACIÓN BOE SOBRE APROBACIÓN INICIAL DO LISTADO DOS USUARIOS DO SERVIZO DE SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE, REDE DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS.




15/04/2015 17:14:00

ADMINISTRACIÓN LOCAL 
MUNICIPAL
BERGONDO
  Intervención
 
   Aprobación inicial do listado do padrón actualizado a 31 de decembro de 2014 dos usuarios do servizo de    subministración de auga potable, do servizo de rede de saneamento e de depuración de augas residuais
 
  ANUNCIO
     O Pleno municipal do Concello de Bergondo, na sesión que tivo lugar o 26 de abril de 2015, aprobou inicialmente o listado do padrón actualizado a 31 de decembro de 2014 dos usuarios do servizo de subministración de auga potable, do servizo de rede de saneamento e de depuración de augas residuais presentado pola concesionaria do servizo, Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A.U., para dar cumprimento ó que establece o prego de cláusulas económicoadministrativas que rexe a correspondente concesión administrativa.
 
   De conformidade coa Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga potable, pola acometida á rede xeral de abastecemento e á rede xeral de saneamento, así como pola prestación do servizo de rede de saneamento e de depuración de augas residuais, exponse ó público o dito listado do padrón durante o prazo de 30 días, que contarán a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
 
   As persoas lexitimadas poderán examina-lo expediente nas dependencias da Intervención municipal, durante o período de exposición pública, para que formulen tódalas alegacións que estimen oportunas, que no caso de producirse serán resoltas polo Pleno municipal. No caso de non efectuarse alegacións ou reclamacións o listado do padrón entenderase automaticamente elevado a definitivo.
 
Publicaión no BOE: xoves 9 de abril de 2015