Noticias CPPB

AVISO DE COOKIES

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.


AYUDAS PÚBLICAS




14/07/2016 9:28:00
Investigación industrial y tecnologías industriales innovadoras

Artigo 3.
Actividades subvencionables.
Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental, entendendo como tales as definicións incluídas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e que se recollen no artigo anterior da presente resolución.
 
Artigo 4.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución. As empresas deberán ser privadas e, atendendo ao seu tamaño, poderán ser medianas ou grandes, segundo as definicións incluídas no anterior artigo 2 para, a través do seu liderado, exercer un efecto tractor sobre o resto de axentes do Sistema galego de innovación, especialmente entre empresas de menor tamaño.
b) Agrupacións de unha empresa ou empresas, pero sempre do mesmo grupo empresarial, e un organismo de investigación, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007) que realicen proxectos en cooperación.
As empresas que integren a agrupación deberán ter as características indicadas na letra a) deste artigo e, no caso de ser máis dunha, pertencer ao mesmo grupo empresarial, segundo o disposto no artigo 42 do Código de comercio, para asegurar a súa capacidade tractora.  
Os organismos de investigación, ademais de cumprir os requisitos da definición incluída no artigo 2 anterior, só poderán ser beneficiarios se desenvolven unha colaboración efectiva cunha empresa no marco dun proxecto en cooperación subvencionable ao abeiro desta convocatoria e contan cun centro de traballo permanente en Galicia.
Tal e como se indica na súa definición anterior, no caso de desenvolver actividades económicas ou non económicas é necesario que o organismo conte cunha contabilidade separada de cada unha delas.
Se a agrupación non ten personalidade xurídica deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención para aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario.
En todo caso, deberá nomearse un líder que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigacións que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
O líder sempre deberá ser unha empresa nunca un organismo de investigación e difusión. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule.
O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión e deberá incluír de forma expresa quen é o líder ou representante da agrupación.
O documento contractual de regulación da agrupación deberá prever, como mínimo, o seguinte:
a) Distribución das actividades e do orzamento total e o achegado por cada un dos membros da agrupación.
b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.
c) Acordos de confidencialidade.
d) Propiedade, protección legal (patentes) e divulgación dos resultados. Tendo en conta que, no caso de participar organismos de investigación e difusión, estes deben ter dereito a publicar os resultados da súa propia investigación.
Ademais, exixirase que, segundo o apartado 2.2.2 punto 28 do Marco, todo DPI (Dereito de propiedade intelectual e industrial) resultante do proxecto, así como os dereitos de acceso se atribúan entre a empresa e o organismo de forma adecuada e en función das súas tarefas, contribucións e intereses respectivos ou o organismo reciba unha compensación equivalente ao prezo de mercado dos DPI que se xeren e que se asignen á empresa ou aos que se lles asigne dereito de acceso.
e) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.
f) Designación dun xefe técnico do proxecto.
Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda. A agrupación de empresas non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007. 2.
Non poderán acceder á condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.