Noticias CPPB

AVISO DE COOKIES

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.


ARDENTIA




12/08/2016 15:36:00
El conselleiro de industria visita este taller de joyería en el polígono

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na súa visita ás instalacións en Bergondo do obradoiro de xoiaría Ardentia que esta empresa con preto de 30 anos de traxectoria demostra que a calidade e a innovación sen perder a esencia son claves para que a Artesanía de Galicia se dea a coñecer por todo o mundo.

Así mesmo, sinalou que Ardentia, finalista na primeira edición dos Premios Artesanía de Galicia, é un referente do sector artesán galego, e un exemplo de como o sector non é só unha parte fundamental do patrimonio cultural galego senón que contribúe de xeito importante á creación de riqueza e emprego na comunidade. Así, Galicia conta con máis de 500 talleres artesanais, un 20% máis que en 2012, e máis de 5.000 empregados.

Tal e como sinalou o conselleiro, os artesáns galegos son conscientes de que o camiño a seguir pasa pola internacionalización, abrir novas canles de negocio, a innovación e a profesionalización tanto desde o punto de vista da calidade como da xestión empresarial. Neste sentido, destacou que o taller artesán que dirixe Luís González Bahamonde, ademais de vender en tendas de toda Galicia, vende en internet e en países como Italia, Estados Unidos ou Emiratos Árabes Unidos.

Do mesmo xeito, Conde apuntou que a empresa, que conta coa marca Artesanía de Galicia, que dá a coñecer por todo o mundo a través da súa participación en diferentes feiras nacionais e internacionais, está tamén avalada polo distintivo de Galicia Calidade.

 Más info: