RESPONSABILIDAD SOCIAL EMPRESARIAL
27/09/2016 13:54:00
Martes, 27 de setembro no Centro Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1, Santiago de Compostela).
Na xornada abordaranse as iniciativas sobre responsabilidade social empresarial que a Xunta de Galicia leva a cabo: Responsabilízate, o programa gratuíto de asesoramento en RSE para pemes, e os Premios RSE Galicia 2016. As empresas que o desexen teñen de prazo para solicitar a súa participación nestas iniciativas ata o 30 de setembro e o 1 de outubro respectivamente.
O evento contará ademais coa participación da empresa Genesal Energy, galardoada no eido ambiental na primeira edición dos Premios RSE Galicia. Marcela Fernández, responsable de I+D+i, explicará as medidas de RSE que teñen implantadas e os beneficios que estas lle supoñen á empresa.
/contenido/archivos/Cartel-Responsabilizate-xornada-Martes27.pdf