AYUDAS DEL IGAPE PARA LA INTERNACIONALIZACIÓN DE LAS PYMES
21/03/2014 13:52:00
PROGRAMA IGAPE-EOI DE CONSULTARÍA E TITORIZACIÓN EN INTERNACIONALIZACIÓN
O IGAPE , en colaboración coa Fundación EOI e a cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, está a organizar un novo servizo de consultaría en internacionalización empresarial, dirixido a PEMES radicadas en Galicia ou que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
As accións a desenvolver no programa serán:
• Accións de sensibilización e información.
• Encontros empresarias de identificación de oportunidades de negocio: Talleres sector/país nos que se fomentará a interrelación dos participantes.
• Consultaría para a internacionalización. Plans para grupos de exportación (iniciación/expansión) e plans individuais (expansión/consolidación).
• Accións de consultaría para a creación de grupos de exportación. Plan de constitución do grupo.
Para formar parte do programa é imprescindible contar cun diagnóstico positivo do seu potencial de internacionalización realizado, de xeito gratuíto, a través do Igape.
As empresas interesadas neste servizo deben inscribirse en: http://xornadas.igape.es/manifestacion-de-interes-para-participar-no-programa-igape-eoi-de-consultoria-e-tutoriz.html a efectos de avaliar a demanda e enviarlles información adicional cando se abra a convocatoria.