Noticias CPPB

AVISO DE COOKIES

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.


AXUDAS A PROXECTOS DE CREACIÓN DE EMPRESAS OU REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS EN EMPRESAS NOVAS PROMOVIDAS POR NOVOS EMPRENDEDORES




08/04/2014 17:17:00

DOGA Venres, 13 de decembro de 2013

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (Galicia Emprende

GALICIA EMPRENDE - AXUDAS A PROXECTOS DE CREACIÓN DE EMPRESAS OU REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS EN EMPRESAS NOVAS PROMOVIDAS POR NOVOS EMPRENDEDORES (2014)

Ata o próximo 30 de abril está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás axudas do Programa Galicia Emprende para a creación de empresas ou para a realización de investimentos en empresas novas promovidas por novos emprendedores.

O programa Galicia Emprende está deseñado para apoiar investimentos comprendidos entre 35.000 e 500.000 euros con subvencións a fondo perdido que poden cubrir ata o 50%.

Poden acollerse a este programa os impulsores de novos proxectos empresariais ou os autónomos ou novas empresas con negocios que leven ata 42 meses en funcionamento e que desexen impulsar novos investimentos para ampliar ou desenvolver os seus proxectos.

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP262